lunes, 5 de marzo de 2012

Novos Realismos: 1957-1962.



Presentación de Julia Robinson. Museo Reina Sofía

Novos Realismos: 1957-1962. Estratexias do obxecto entre readymade e espectáculo (Museo Reina Sofía, 16 de xuño ao 4 de outubro) é unha exposición sobre un momento cronolóxico concreto que, a pesar da súa aparente dispersión, concentra diferentes puntos de inflexión e cambios de paradigma, dende o final da pintura até a relación entre ready-made e mercado de consumo. Julia Robinson, historiadora da arte e comisaria da exposición, presenta as diferentes posicións e formulacións que inclúe a exposición. Artistas representados: Marcel Duchamp, Öyvind Fahlström, Allan Kaprow, Yves Klein, Raymond Hains, Piero Manzoni, Robert Rauschenberg, Mimmo Rotella, Jacques da Villeglé, Robert Whitman, Christo, François Dufrêne, Roy Lichtenstein, Giuseppe Pinot Gallizio, Jean Tinguely, Robert Watts, George Brecht, Jim Dine, Claes Oldenburg, Daniel Spoerri, Martial Raysse, Robert Rauschenberg, Jean Tinguely, Wolf Vostell, Robert Watts, César, Gerard Deschamps, Niki de Saint Phalle, Robert Breer, , Jean-Pierre Mirouze, D.A. Pennebaker, Billy Kluver e Ed van der Elsken.

No hay comentarios:

Publicar un comentario