lunes, 5 de marzo de 2012

Joseph Kosuth



Beauty is Diamond at Laleh june Galería Basel, 1987

Joseph Kosuth naceu en 1945, en Toledo, Ohio. Kosuth estudou na Escola de Deseño do Museo de Toledo, dende 1955 a 1962 e tamén se formou co pintor belga Tacha Bloom Draper. Entre 1963 e 1964, matriculouse no Cleveland Instituto de Arte para completar os seus estudos.
En 1965 Kosuth trasladouse a Nova York para asistir a Escola de Artes Visuais; despois asisteu á facultade.  Abandonou pronto a pintura e adicouse a facer traballos conceptuais, tendo a súa primeira exposición en 1967 no Museo de Arte Normal.(Ler máis)

A partir de 1965, Joseph Kosuth realiza as súas primeiras "pre-investigacións". Estas propostas consisten en traballos constituídos por un obxecto e as súas representacións: a fotografía e a definición, sacada dun dicionario, fotografada e ampriada. Unha e tres cadeiras é unha das súas pezas máis coñecidas. Con este tipo de obras, o artista conceptual pon de manifesto que non é en absoluto necesaria a creación de determinados obxectos, pois resulta suficiente a definición de tales obxectos. A elección de obxectos neutros ou cotiáns
-cadeiras neste caso- relaciónase coa necesidade de desacralizar o obxecto e afastalo de calquera connotación decorativa.
Como afirma o propio Kosuth, "as obras de arte son proposicións analíticas. É dicir, se son vistas dentro do seu contexto -como arte- non proporcionan ningún tipo de información sobre ningún feito. Unha obra de arte é unha tautoloxía por ser unha presentación das intencións do artista, é dicir, o artista está a dicirnos que aquela obra concreta da arte é arte, o cal significa que é unha definición da arte. Por iso, que é arte é xa unha verdade a priori (que era precisamente o que Judd quería dicir ao constatar que "se alguén di que é arte, o é")". Reacciona contra o formalismo das artes obxectuais, establecendo unha separación completa entre estética e arte. Apoiada nunha escisión previa entre percepción e concepto, conducindo deste xeito o obxecto á súa máxima desmaterialización.
A arte ante todo, adícase a crear proposicións: "unha obra de arte é unha especie de proposición, presentada dentro do contexto da arte como un comentario sobre arte". A arte conceptual, por tanto, non posúe vinculación algunha de tipo referencial co mundo e as cousas. Á arte non lle interesan os resultados obtidos, senón o operar en si mesmo. A arte só existe no contexto da arte, pois "a arte existe pola súa propia procura", é unha función de si mesma e de ningunha outra cousa.




A imaxe proposta é unha versión da famosa serie "One and Three (Un e tres), onde o artista confronta tres situacións lingüisticamente vinculadas: unha cadeira real, a foto dunha cadeira e a definición dunha cadeira.
É difícil dicir que pretende o artista: é un só obxecto ou son tres situacións distintas?. Trátase do vinculo que relaciona as palabras e as cousas.
Para falar da realidade hai que afastarse dela, a través da linguaxe. Se non fóra así, a única forma de definir unha cadeira sería sinalala en silencio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario