jueves, 18 de junio de 2026

MIRADAS A TRAVÉS DO LENZO

Miradas a través do lenzo é moito máis que unha mostra de arte; é unha ventá directa ao mundo interior do noso alumnado de 3º e 4º de ESO.

A través dos pinceles, as cores e as texturas, estes mozos e mozas deixan de ser meros espectadores da realidade para converterse en creadores. Cada lenzo aquí exposto reflicte como miran o que os rodea: os seus medos, as súas ilusións, a súa forma de entender a identidade e a súa sensibilidade ante a sociedade.

Unha explosión de cor, identidade e creatividade sen filtros. Estas pinturas son fiestras abertas ao imaxinario dos nosos mozos e mozas; neles mestúranse as súas inquedanzas, os seus refuxios e a súa forma única de entender a beleza.

 


lunes, 25 de mayo de 2026

CREATIVIDADE EN CERÁMICA. TARROS

Traballo realizado polo alumnado de 1º de E.S.O. do I.E.S. Poeta Añón, na materia PROXECTO COMPETENCIAL.

Unha mostra do talento e creatividade dos/as estudantes de 1º ESO de Outes. Pezas únicas modeladas con deseños propios. Cores e texturas vibrantes. Deseños naturais e xeométricos con decoracións que inclúen flores, relevos e liñas metalizadas.


 

jueves, 12 de marzo de 2026

COLLAGE SUBVERTISING

Traballo realizado polo alumnado de 4º E.S.O. Materia Expresión Artística. Curso 2025/26. I.E.S. Poeta Añón. 

Actividade realizada pola profesora; Natalia Lago Carrillo. Actividade "Contrapublicidade ou Subvertising" que finaliza a unidade didáctica "A publicidade e a súa relevancia social". Consiste na creación dun cartel de contrapublicidade a través da técnica do collage empregando a estrutura tradicional da publicidade (imaxes e slogan) con temática de crítica e activismo social.

 







 

martes, 10 de marzo de 2026

TRABALLOS MÓDULO E REDE MODULAR 2025/26

Traballos realizados polo alumnado de 3º de E.S.O. do I.E.S. Poeta Añón. 

 

martes, 3 de marzo de 2026

PRATIÑOS DE CERÁMICA

Este vídeo describe o proceso de elaboración en cerámica de pratiños decorativos. Están realizados por o alumnado de 1º Da E.S.O., dentro da materia Proxecto competencial. Curso 2025/26.



 

lunes, 23 de febrero de 2026

Día internacional da muller ( 8M )

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.

O presente concurso ten como obxectivo continuar unindo voces ao “O noso canto: xuntas resoamos máis fortes” unha obra musical que naceu con motivo do 8 de marzo de 2025 da unión de dúas cancións, “Latexo” e “Aperta”, de distintos estilos, interpretada por artistas con distintas traxectorias e idades, cada unha coa súa personalidade pero que cando esas dúas cancións se reproducían á vez xurdía unha nova canción “O noso canto”. Con esta unión preténdese transmitir a idea de que cando o facemos á vez resoamos máis forte, cando mulleres e homes nos unimos de xeito interxeracional no feminismo e na loita pola igualdade de xénero, o camiño é máis sinxelo e transformador.

Os carteis que se amosan realizados por o grupo de 4ª E.S.O. Expresión Artística , son o resultado de dito traballo. 

 
 



 

lunes, 26 de enero de 2026

CARTEIS DOCUMENTAIS E CURTAS

Traballos feitos para promocionar os/as documentais e curtas, polo alumnado de 3º e 4º da E.S.O. na materia de Expresión Artística e E.P.V. e A. Curso 2025/26.