miércoles, 8 de febrero de 2012
Millares, Chillida e Oteiza
Na obra de Manolo Millares poden distinguirse dúas grandes épocas: a primeira abarca dende o comezo do seu traballo até 1955 e a segunda, iníciase ese ano e conclúe coa súa morte. O cambio fundamental prodúcese ao redor da utilización da arpillera, en 1955.
Entre os seus máis prezados traballos atopamos a serie "Homúnculos", e os seus traballos individuais "Aborixe nº1" e "Tríptico". Pódese destacar ademais o seu libro "Memoria dunha escavación urbana", onde se explica a súa obra, axudándonos a súa comprensión.
O escultor Eduardo Chillida é un dos artistas españois con maior proxección internacional. A súa obra, galardoada en innumerables ocasións, exposta en máis dunha vintena dos máis importantes museos e en numerosas retrospectivas, presente na paisaxe urbana das máis belas cidades, obxecto de reflexión de grandes pensadores, é un legado de referencia ineludible no panorama artístico do século XX.
Vídeo descritivo da creación do Museo Oteiza, coas intervencións de Jorge Oteiza explicando a súa obra e o seu pensamento estético.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario