jueves, 9 de febrero de 2012

Antoni Clavé



Até o inicio da Guerra Civil a actividade artística de Antoni Clavé destacábase polo traballo en pinturas murais, decoración ornamental, deseño publicitario e outras actividades creativas. Pero no 1939 viuse obrigado a irse a vivir a Francia de forma definitiva, onde unha vez instalado afianzou a súa pintura, saíu airoso do post-impresionismo e tivo a coraxe de, animado por Pablo Picasso, dar un paso adiante e penetrar no mundo da abstracción. Polo que, nos últimos anos o seu traballo foi na súa totalidade abstracto, seguindo unha liña de depuración de esquemas formais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario