Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.
O presente concurso ten como obxectivo continuar unindo voces ao “O noso canto: xuntas resoamos máis fortes” unha obra musical que naceu con motivo do 8 de marzo de 2025 da unión de dúas cancións, “Latexo” e “Aperta”, de distintos estilos, interpretada por artistas con distintas traxectorias e idades, cada unha coa súa personalidade pero que cando esas dúas cancións se reproducían á vez xurdía unha nova canción “O noso canto”. Con esta unión preténdese transmitir a idea de que cando o facemos á vez resoamos máis forte, cando mulleres e homes nos unimos de xeito interxeracional no feminismo e na loita pola igualdade de xénero, o camiño é máis sinxelo e transformador.
Os carteis que se amosan realizados por o grupo de 4ª E.S.O. Expresión Artística , son o resultado de dito traballo.