miércoles, 19 de noviembre de 2014

Aprendendo con Luis Aviles- I.E.S.Poeta Añón (Serra de Outes)

Luis Avilés con alumnos/as do I.E.S. Poeta Añón, Serra de Outes
Estos días temos a sorte de que o coñecido director de cine galego Luis Avilés imparta un curso sobre cine no I.E.S. Poeta Añón.
Non é a primeira vez que o recoñecido director participa nun proxecto escolar. No 2006 dirixiu a rodaxe da curtametraxe "Nico" realizada no I.E.S. Porto do Son que aborda o tema do acoso escolar. Esta curtametraxe recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa, modalidade A.
As obras máis coñecidas do director Luís Avilés Baquero son a curtametraxe "A Subela",e a súa excelente ópera prima "Retornos". Con "A Subela" demostrou que tiña cousas que dicir e que dominaba a linguaxe cinematográfica. Conta a historia dun peculiar zapateiro galego solitario e cunha vida bastante monótona que vive dunha forma moi particular a sexualidade. Subela, en castelán Lezna, é unha ferramenta que usan para facer buracos os zapateiros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario