Miguelanxo Prado é un historietista e animador galego.
Presas fáciles, que terá 80 páxinas en branco e negro e publicarase para o Salón do Cómic de Barcelona (primavera de 2015), está protagonizado pola inspectora Olga Tabares e por vítimas das preferentes. Diríase que é un accidente na traxectoria do debuxante, remiso a utilizar material autobiográfico -"A miña vida é vulgar"- e a pisar chan firme. As idas e vindas entre realidade e fantasía percorren a miúdo os seus libros, pero este álbum é carne de xornal, pesadelo hiperrealista, un thriller que bracea entre a marusía da crise: "Está na liña das novelas de [Petros] Márkaris dos últimos anos. Non pretende ser unha obra de tese, pero expón unha continua reflexión sobre a responsabilidade social".
No hay comentarios:
Publicar un comentario