Times Notes Bank, que en 2009 estableceu un servizo de compravenda de tempo a través de eBay, ofrece varios servizos online. Destacan os préstamos de tempo a través do exclusivo Cartón de Crédito de Tempo, un recurso que funciona cun verdadeiro cartón bancario que vén entregada aos clientes, cuxas funcionalidades -por exemplo a consulta de saldo de tempo-poden executarse desde a rede. "O seu uso, do mesmo xeito que os billetes, é ambiguo e no límite entre realidade e ficción", continúa Romano."Obxectivamente, outórgase e entrega un crédito inicial en función do pedido do cliente. Ese pedido de préstamo é para cousas que foron deixadas de lado por falta de tempo e non de diñeiro. Unha vez aprobado o préstamo, o tempo comeza a correr. Se accedemos á web do banco, na sección banco online, podemos consultar o noso saldo ingresando o número de cartón e o PIN. Tamén podemos examinar a base de datos do tempo perdido e a compravenda de tempo", asegura o artista e autor da obra, Gustavo Romano.
Un billete de sesenta minutos emitido polo "Time Notes Bank" de Gustavo Romano. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario