Manel Cráneo acaba de sacar á luz as dúas primeiras páxinas do cómic oficial "A Torre dos Mouros", a través de Demo Editorial, no que vén traballando varios meses e que prevé terminar en pouco tempo, xa que se trata dunha breve publicación, de só doce páxinas. O debuxante recrea as persoaxes da Carnota do século X, cando se cre que sucederon os feitos e o levantamento das torres defensivas. Esta publicación serve para sacar á luz as principais conclusións dos achados arqueolóxicos localizados durante a campaña do 2012 na zona nun contexto humano. O cómic recolle a vida cotiá dos habitantes de Carnota nun momento crítico da historia que lle tocou vivir e expostos a terribles perigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario