viernes, 10 de febrero de 2012
"Saurogramas" de Emilio Casanova
Sauragramas from Emilio Casanova Producciones on Vimeo.
Obra de: Emilio Casanova, 1991
I Premio Documental III Festival de Vídeo de Canarias 1992.
"SAURAGRAMAS". Retrato videográfico atípico do pintor Antonio Saura. O propio Saura dixo respecto deste vídeo: "É a peza máis bela que se fixo sobre o meu traballo. A máis elaborada, profunda e intelectual. A que mellor soubo situar a miña obra e a máis orixinal e imaxinativa."
"Saurogramas" non é unha reportaxe xornalística nin un documental convencional, é unha obra creativa, persoal e innovadora. Un vídeo que deixa na cuneta as referencias fáciles, todos os lugares comúns e que se constrúe ao redor e no interior da persoalidade e a produción de Antonio Saura.
Emilio Casanova, móstranos como o vídeo, máis aló das súas peculiaridades como soporte ou como tradución, pode servir para profundar na obra doutro artista. Do mesmo xeito que unha radiografía ofrece un coñecemento insólito e real dunha persoa, Saurogramas ofrece unha imaxe de Saura diferente ás que nos proporcionan as súas fotografías, entrevistas, biografías ou estudos críticos, aínda que contén retrincos de todas elas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario