miércoles, 1 de febrero de 2012

Jackson Pollock "Action Painting "



O Action Painting significa, "Pintura de Acción" é unha corrente pictórica abstracta de carácter xestual que adoptaron varios membros da escola estadounidense do expresionismo abstracto. Dende o punto de vista técnico, consiste en salpicar con pintura a superficie dun lenzo de maneira espontánea e enérxica, é dicir, sen un esquema prefixado, de forma que este se convirta nun "espazo de acción" e non na mera reprodución da realidade. Ás veces utilízase incorrectamente como sinónimo do propio expresionismo abstracto, aínda cando moitos dos artistas pertencentes a esta escola xamais empregaron dita técnica.
A primeira xeración de expresionistas abstractos estivo composta por artistas coma Jackson Pollock, Willem de Kooning, Mark Rothko, Franz Kline, Arshile Gorky, Robert Motherwell, Clyfford Still, Barnett Newman, Adolph Gottlieb, Philip Guston, Ad Reinhardt, Hans Hofmann, James Brooks, William Baziotes, Mark Tobey, Bradley Walker Tomlin, Theodoros Stamos, Jack Tworkov e outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario