viernes, 24 de junio de 2011
Pintura Escenica en Accion
SUSO33 referente indiscutible da arte Urbana valorado e respectado dende o máis oculto até situar a súa arte multidisciplinar nos máis importantes museos de arte contemporánea.
Os seus debuxos alagan muros e fachadas en todas as cidades; poucos recunchos escapan aos seus aerosois, aínda que a súa arte non sempre é ben recibida. Falamos do graffiti, un fenómeno que empezou sendo un movemento rueiro e que chegou a ser considerado arte urbana.
Agora é un dos graffiteiros máis famosos de España.......(ler máis).....
O termo arte urbana ou arte rueira, tradución da expresión inglesa street art, describe toda a arte expresada na rúa, normalmente de maneira ilegal. A arte urbana engloba tanto ao graffiti como a outras formas diversas de expresión artística na rúa. As cidades que son puntos clave da arte rueiro son París, Londres, Barcelona, Berlín, São Paulo e Toronto, entre outras.
Dende mediados dos anos 90 o termo street art ou, de forma máis específica, Post-Grafiti utilízase para describir o traballo dun conxunto heteroxéneo de artistas que desenvolveron un modo de expresión artística nas rúas mediante o uso de diversas técnicas (persoais, posters, adhesivos, murais....), que se afastan do famoso graffiti.
Etiquetas:
Arte Urbano,
graffiti,
happening,
liña,
performance art,
Videoarte,
Videocreacion
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario