lunes, 7 de marzo de 2011

Claroscuro

Ainda que cando falamos de "claroscuro" o máis normal é que recordemos un debuxo en carboncillo ou sanguina, este pode realizarse con outros materiais. 

No caso do vídeo que podedes ver a continuación, o claroscuro consíguese con area espallada enriba dun cristal nunha caixa de luz. 
Os debuxos resultantes grávanse cunha cámara de vídeo e proxéctanse a tempo real nunha pantalla.

Trátase dunha obra da artista de Ucrania, Kseniya Simonova, que vai debuxando unha historia contextualizada na guerra.




Esta é a definición de "Claroscuro" según a R.A.E. (Diccionario da Real Academia Española).

Claroscuro
(De claro e oscuro).
1. m. Pint. Distribución moi acusada da luz e das sombras nun cuadro.
2. m. Pint. Deseño ou debuxo que non ten máis cunha cor sobre o campo no que se pinta, sexa en lenzo ou en papel.

Según a Academia da Lingua Galega:

Claroscuro
1. Art. Técnica que consiste en combinar e distribuí-las sombras e a luz utilizando varios tons dunha mesma cor. Domina á perfección o claroscuro.
2. Obra realizada segundo esta técnica. Unha exposición de claroscuros.


..................................................
Mostrar tres exemplos de debuxos onde o claroscuro é protagonista:

Antonio López (Lápiz sobre papel).


David Salle (Acrílico e óleo sobre lenzo).





Caricatura de House realizada con Photoshop, por Nico Di Mattia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario